viernes, 2 de marzo de 2012

Relativity, gravitation and cosmology

Relativity, gravitation and cosmology, come ben indica o seu nome é un curso sobre relatividade xeneral que podedes atopar na biblioteca de física.

O curso comenza recordando conceptos de relatividade especial, os postulados, as transformación de Lorentz, cuadri-vectores, tensores, formulación covariante, etc, etc.
Despois pasamos a estudiar a xeometría riemanniana, onde de forma clara e con gráficos de calidade se introducen as xeometrías non euclideas, o concepto de curvatura, xeodésicas e tódalas ferramentas para despois aplicalas a teoría da relatividade xeral.

E finalmente entramos en materia! Viaxamos a 1907 e seguimos os pasos lóxicos que levaron a Einstein a formular a teoría que leva o seu nome no ano 1916: equivalencia masa gravitatoria e inercial, gravitación e sistemas acelerados, espacios curvos, tensor enerxia-momento, tensor de curvatura, etc. Unha vez máis a exposición e moi clara e ben acompañada de debuxos moi útiles, de feito un acaba preguntándose como lle puido levar tanto tempo!!

A partir deste punto rematamos coa teoría e pasamos a acción. Primeira solución a ecuación de Einstein, a métrica de schwarzschild e os black holes, perihelio de Mercurio, gravitational lens, ondas gravitacionais, dark energy e cosmoloxía.

Resumindo, Relativity, gravitation and cosmology de Robert J.A. Lambourne é un libro óptimo para un curso de relatividade xeral. Esposición moi clara acompañados de gráficos de gran calidade. Ademáis podedes atopalo na nosa biblioteca favorita.

Titulo: Relativity, gravitation and cosmology
Autor: Robert J.A. Lambourne
Publicación: Cambridge University Press, 312 p, (2010)
ISBN: 9780521761192

No hay comentarios:

Publicar un comentario