Historia da física dende Demócrito, coa sua hipótesi sobre os átomos como partículas invisibles e indivisibles, ata o bosón de Higgs, que sería a famosa partícula divina do título.
O premio novel de física Leon Lederman (ex-director do Fermilab) escribe un libro moi entretenido e realmente divertido! Onde fai un repaso fantástico e con gran sentido do humor da historia da física e os seus principais protagonistas, facendo especial atención a parte experimental do campo. Incluso podemos atopar todo un capítulo dedicado os aceleradores de partículas.
Libro moi recomendado para estudiantes, in realtá per tutti, xa que se pode apreciar como traballa a ciencia a través do método científico, que detrás de importantes descubrimentos está realmente o traballo de moita xente o largo de moitos anos, siglos incluso! A pesar de que o final vaian asociadas a nomes de físico ilustres como Newton, Einstein, Galileo, etc. Que unha interpretación correcta dos resultados experimentais pódeche levar a descubrimentos sorprendentes ou a perder totalmente o rumbo.
En resumen, física e historia en un so libro, ¡que máis se podo pedir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario